Seis graos de separación

quinta-feira, maio 04, 2006


Como ben me lembra Besbellinha hoxe era o día de enviar os e-mails mais foime imposíbel nos últimos días dedicar un só minuto ao mundo pequeno.
Se vos parece ben, podemos facer o lanzamento o próximo luns sen falta (polo menos eu preciso os días para retocar o texto). Ademais, se algunha outra persoa quere apuntarse ou engadir algún destinatario, aínda pode facelo até luns.
Se tamén vos parece ben, unha vez enviado o correo luns, podemos deixar aquí un comentario de que está feito. Algunha cuestión máis que se me escape? Os dados están botados! A ver se temos moitas respostas :)

3 Comments:

  • Entón, se vos prace, enviamos as cartas mañá ou entre mañá e pasado se alguén non pode mañá e pedimos ao noso destinatario que nos mande copia do correo que envíe e que lle diga ao seu destinatario que faga o mesmo cando envíe o correo.
    Bks e que cheguen as cartas ao seu destino!

    By Blogger leco, at 12:55 da manhã  

  • Vou agardar ás 00:00 horas de hoxe polo meridiando de Greenwich (hora portuguesa e fuso horario lóxico da Galiza, 01:00 horas pola oficial) para enviar o meu correo. O destinatario é Marcos Aparicio, un rapaz que estudou Filoloxía na USC ao que non coñezo en persoa e do que non sei nada desde abril de 2004, ano no estaba residindo en Salvador de Bahía, coido que traballando no Seminario de Estudos Galegos da Universidade desta cidade brasileira. Se hai que pór algún outro dato, por favor dicídemo. Alea jacta est!

    By Blogger cneirac, at 10:04 da tarde  

  • Xenial!! A vr se o atopas!
    Cando vaiamos tendo respostas dos nosos intermediarios poderiamos ilas incluindo como comentarios para que sexa máis entretida a espera, non?
    bks para tod@s

    By Blogger leco, at 10:09 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home


 
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters