Seis graos de separación

domingo, abril 23, 2006

Tiña pensado actualizar o asunto antes pero as últimas semanas foron movidas de máis para poder facer nada alén do estritamente preciso. Aí vamos! Se vos parece ben, podemos pechar o prazo de inscrición o próximo venres 28, deixar a finde para ultimar as nosas cartas e envialas o 1 de maio. E despois agardarmos a ver que pasa.
Eu estou por abandonar o meu admirado Paul Auster pois acabo de ler que acaba de mercar o seu primeiro computador, unicamente por non ser denunciado por incumprimento de contrato polo seu editor (xa se comprometera a facelo para os seus traballos anteriores) e só o utiliza para o último borrador das súas novelas... así que me cinguirei ao meu tamén moi admirado Santiago Auserón, do que, polo menos, nada sei en canto a experteza informática.
De novo vos lembro que, se tedes propostas de mellora para a carta tipo, sería xenial que as poidésemos aproveitar todos os participantes! E, se alguén quere variar ou aumentar destinatarios, que non se prive.
Saúde!

7 Comments:

  • Por certo, algunha idea sobre o criterio de ordenación dos nomes dos participantes? :)

    By Blogger leco, at 11:21 da tarde  

  • Por certo, algunha idea sobre o criterio de ordenación dos nomes dos participantes? :)

    By Blogger leco, at 11:47 da manhã  

  • Pois eu penso que sería mellor deixalo para a semana que ven... porque eu polo menos vou estar desconectado dende o venres ata o mércores...

    Pero se queredes, podedes comezar vós e eu comezo o xoves...

    Mira que lle dou voltas pero non dou coa ordenación... Pero non o digas...

    Beijinhos.

    By Blogger miriño, at 3:04 da tarde  

  • Podes estar certo de que non o vou dicir ;)
    Pois o xoves é un día tan bo como calquera outro. Xoves logo!
    bks

    By Blogger leco, at 2:43 da tarde  

  • Hoxe é o día non?

    By Blogger besbe, at 2:21 da tarde  

  • Moi boas...

    Eu teño un par de dúbidas...

    O texto refírese só á persoa destinataria, pero non fala das persoas intermedias. Supoño que habería que facer algunha referencia e ir apuntando os mails (ou a xente) pola que pasa o mail...

    Beijinhos.

    By Blogger miriño, at 9:27 da manhã  

  • Tes razón. Podemos pedirlle a cada intermediario que cando mande o email ao seu destinatario, que o mande con copia a nós, non?
    Por outra parte, como pode que algúns dos participantes non pasen por aquí estes días, voulles enviar un mail ou deixarlles un comentario no seu blog.
    bks para todos!

    By Blogger leco, at 12:05 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home


 
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters