Seis graos de separación

quinta-feira, março 30, 2006

6º DE SEPARACIÓN


Proposta de xogo para todas as persoas que vos achegades a este blog:
O xogo consiste en levar a cabo de forma lúdica e case en familia o proxecto do Mundo Pequeno de Duncan J. Watts, segundo o cal podemos enviar unha mensaxe a calquera persoa no mundo a través dos amigos dos amigos dos amigos... dos amigos dos nosos amigos.
Para isto:
-cada participante ten de escoller unha persoa que gostaría de coñecer, non necesariamente famosa ou célebre, mais da que en principio non trataría de aproximarse nin o podería facer directamente.
-A cadea de nodos sería feita a través do e-mail cunha carta modelo que transcribirei máis abaixo.
-De seren falantes doutras linguas, isto debería ser tido en conta e solventado por parte da persoa que as escolle.
-A fase de "inscrición" rematará cando todos os participantes esteamos de acordo na maneira de facelo.
-Enviamos o noso e-mail a unha soa persoa que coñezamos directamente e que consideremos máis próxima ao destinatario final que nós mesmos.
-Pedimos a cada destinatario que se converte en emisor que conserve no modelo todos os enderezos de e-mail anteriores, coa finalidade de que saibamos ao final por cantas persoas pasou a mensaxe.
-Todos enviaremos o noso e-mail o mesmo día.
-Cada participante ha de deixar neste post un comentario co nome do seu destinatario.
-Cada participante ha de me enviar un e-mail a leonorcombing@yahoo.es cando reciba resposta do seu destinatario con copia do correo recibido.
-Por favor, comentádeme todas as dúbidas que teñades ao respecto do procedemento.
-Admítense propostas e suxestións.
Modelo de e-mail:

Querida/-o XXX,
Son unha das X persoas que están a participar no proxecto 6º de separación Galiza 2006, que consiste en tratar de comprobar se todos os usuarios da Gran Rede estamos comunicados ou podemos chegar a estalo en caso de o precisarmos, e en tratar de determinar a distancia que nos une ou nos separa.
Este proxecto, levado a cabo en maiores proporcións por Duncan J. Watts, parte da teoría de Milgram que, en cinco palabras, di que o mundo é un pano. Aínda que eu non te coñeza directamente, ha ser certo que coñezo alguén que coñece alguén... que te coñece.
Tras diversos experimentos cunha técnica chamada Método do Mundo Pequeno, Milgram chegou á conclusión de que o número de alguéns da cadea era seis. Isto que significa que, por afastado ou descoñecido que sexa o receptor final dunha mensaxe para o emisor, en xeral bastarían seis alguéns para que a mensaxe chegase ao destinatario sen necesidade de selo ou enderezo.
O día xxx escollín unha persoa que desexase coñecer e coa que non tivera ningún contacto con anterioridade a esa data. Se esta mensaxe chegase ás túas mans, agradeceríache que mo fixeses saber a través deste enderezo de correo electrónico: xxxxx@xxx.xxx
Se así fose o teu desexo, comprométome desde agora a non responder o teu correo e a destruír o enderezo de correo electrónico desde onde me tiveses enviado a confirmación de recepción desta mensaxe.
Por se tes curiosidade en saber quen son, direiche que me chamo xxx. Son xxx (info persoal) e gustaríame que soubeses que te escollín porque xxx
Enviei este e-mail ao /á meu/miña amigo/a xxx porque xxx
En canto reciba a túa resposta poderás vela en: www.seisgraosdeseparacion.blogspot.com
Que teñas unha longa vida chea de saúde e amor
Sinatura

10 Comments:

  • Na sección de links podemos poñer as ligazóns aos blogs e páxinas persoais dos participantes, se os hai, claro.
    Se hai quen non goste do deseño deste blog e se anima a mudalo... todo seu!

    By Blogger leco, at 11:15 da tarde  

  • Moi boas...

    A mín gustaríame participar nisto...

    Beijinhos.

    By Blogger miriño, at 10:28 da manhã  

  • Como me resultaba difícil decidirme por un só voume pedir dous: Santiago Auserón e Paul Auster.
    Creo que caerei de cu se algún deles chega a contestar!

    By Blogger leco, at 10:21 da manhã  

  • Moi boas...

    Antes de nada... xa escribín un comentario, pero non aparece...

    Quitáchesme o de Paul Auster... Santiago Auserón paréceme ata fácil, mira ti... jejej

    Agora terei que pensar a quen quero escribir...

    Beijinhos.

    By Blogger miriño, at 12:29 da tarde  

  • Ola leco, estivera pensando fai un tempo (ponlle 15 días) en propoñer algo similar, so que pensei que sonaría a coña patatera e que sería algo imposible de acadar porque queiras que non require algo de interés por parte da xente á que impliques no tema. De tódolos xeitos conta comigo para o experimento :). Un saúdo.

    By Blogger besbe, at 2:37 da tarde  

  • Besbelhiña: Xenial! a ver que sae disto. Eu tampouco tiña demasiada fe pero xa imos sendo uns cantiños porque sei de algúns máis que andan a decidir quen escoller.
    Miriño: Sinto tercho pisado pero máis sentiría que mo tiveses pisado ti a min ;) E, co Auserón, nada, cando queiras podes presentarmo, que non me enfado, eh!

    By Blogger leco, at 12:36 da manhã  

  • :)

    Se logras chegar a Auster xa mo presentarás ti a min...

    E con Santiago Auserón falarei a próxima vez que mo tope na rúa... :-p

    Beijinhos.

    By Blogger miriño, at 9:13 da manhã  

  • Trato feito! :D

    By Blogger leco, at 9:54 da manhã  

  • Eu pídome cineastas: Walter Salles, o director de "Central do Brasil" e "Abril despedaçado", por exemplo. Tamén pensara no chinés Jia Zhangke, autor de "The world", ou en Idrissa Ouedraogo, o de "Yaaba", sobre todo coma un reto porque non teño nin idea de por onde empezar para chegar a China e a Burkina Faso; pero despois de meditalo un pouco decidín que a miña primeira opción debera ser Víctor Erice, claro, por suposto. Así que definitivamente escollo a Erice e a Walter Salles.

    By Blogger Martin Pawley, at 11:27 da manhã  

  • Xenial, Pawley! e máis parabéns polo seu merecido e nunca suficientemente ponderado premio ;)
    bks

    By Blogger leco, at 12:12 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home


 
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters